Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación do servizo de asistencia técnica informatica.

Na Xunta de Goberno Local do 28 de febreiro de 2018 aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións de servizo de asistencia técnica informática do Concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de asistencia técnica informática do Concello de Mos.

CPV 50312.

3. Duración do servizo: dous anos con posibilidade de prórroga por outros dous anos.

4. Procedimento: aberto.

5. Prezo do contrato: 35.000 euros/anuais máis 7.350 euros de IVE.

6. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

7. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. Praza do Concello nº 1, Petelos, 36416 Mos (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

8. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

9. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince (15) días naturais desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinalan nos pregos de condicións.

10. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto (6º) día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 1 de marzo de 2018

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa