Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación da subministración da instalación e mantemento dos sistemas de alarma anti-intrusión e detección de incendios en diferentes dependencias municipais.

Na Xunta Local de Goberno do 28.2.2018, aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións da subministración, instalación e mantemento dos sistemas de alarma anti-intrusión e detección de incendios en diferentes dependencias municipais do Concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: subministración, instalación e mantemento dos sistemas de alarma anti-intrusión e detección de incendios en diferentes dependencias municipais do Concello de Mos.

CPV 45312100-8 e 45312200-9.

3. Duración do servizo: dous (2) anos con posibilidade de prórroga por outros dous anos.

4. Procedemento: aberto.

5. Prezo do contrato: 7.800 euros máis IVE de 1.638 euros.

6. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

7. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. Praza do Concello nº 1, Petelos. 36416 Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

8. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

9. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince días naturais desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio o que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

10. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto (6º) día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 1 de marzo de 2018

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa