Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13693

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación de mantemento e conservación da iluminación pública, instalacións eléctricas e de iluminación das dependencias municipais e a subministración de material eléctrico.

Na Xunta Local de Goberno do 28 de febreiro de 2018 aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións do servizo de mantemento e conservación da iluminación pública, instalacións eléctricas e de iluminación das dependencias municipais e a subministración de material eléctrico do Concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento e conservación da iluminación pública, instalacións eléctricas e de iluminación das dependencias municipais e a subministración de material eléctrico do Concello de Mos.

CPV 50116000.

Duración do servizo: un (1) ano con posibilidade doutro de prórroga.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato: 60.000 euros máis 12.600 euros de IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. Na praza do Concello, 1, Petelos, 36416 Mos, (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince (15) días naturais desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinalan nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto (6º) día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 1 de marzo de 2018

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa