Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza en seis centros de formación e experimentación agroforestal (CFEA) (expediente 14/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos centros de formación e experimentación agroforestal (CFEA) de Guísamo, Sergude, Becerreá, Monforte de Lemos, Ribadeo (Pedro Murias) e de Lourizán da Consellería do Medio Rural.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de doce (12) meses desde o día seguinte ao da formalización do contrato, estando prevista a data do 1 de maio de 2018.

e) Admisión de prórroga: si, por un prazo de 12 meses máis.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na epígrafe A do cadro de criterios de adxudicación do contrato do cadro de características.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 108.721,00 €. IVE (21 %): 22.831,41 €. Importe total: 131.552,41 €.

Valor estimado: 217.442,00 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación grupo U, subgrupo 1 e categoría 1, estará exento de acreditar solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 66 79 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283453

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: facilítase información para a subrogación de traballadores no anexo I do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural