Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 15 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican resolucións ditadas no expediente 2017/194/15 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse as resolucións ditadas por esta xefatura territorial nos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

Os expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial da Coruña, na avenida Salvador de Madariaga, 9-1º, onde as persoas interesadas, ou os seus representantes, debidamente acreditadas poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, debidamente acreditadas poderán interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

A Coruña, 15 de febreiro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de

expediente

Nome

Apelidos

DNI

Data

Efectos da resolución

2017/194/15

Carla

Pérez López

Non consta

28.11.2017

Acordo medida administrativa

2017/282/15

Lucía

Rebollo Rilo

53307361P

16.1.2018

Acordo medida administrativa

2017/147/27

Marianna Ketellyn

Santos Nunes de Souza

41562976W

20.12.2017

Acordo medida administrativa

2017/57/15

Olivia

Tubío Fernández

Non consta

12.12.2017

Acordo medida administrativa

Ana Isabel

Fernández Márquez

Non consta