Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 16 de febreiro de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 14 do polígono 41 e da parcela 211 do polígono 40, do termo municipal de Mañón.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 16 de febreiro de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 14 do polígono 41 (condicionado no seu recinto 2, de non realizarse un aproveitamento baixo arboredo, á autorización previa de Augas de Galicia) e da parcela 211 do polígono 40, do termo municipal de Mañón. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 10 de xaneiro de 2018. O anuncio foi publicado no DOG número 28, do 8 de febreiro.

A Coruña, 16 de febreiro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña