Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente 2011/151-36 e un máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non o facer, se terá por notificada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 22 de xaneiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de expedientes: 2011/151-36 e 2011/152-36.

Interesada: Mª Rosario Pazos González.

DNI: 52495196L.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 16 de outubro de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.