Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación por lotes do contrato de servizos denominado xestión dos puntos de encontro familiar de Santiago de Compostela e Lugo, mediante contratación documentalmente simplificada (expediente PA 20/2018).

A Consellería de Política Social, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: PA 20/2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo denominado xestión dos puntos de encontro familiar de Santiago de Compostela e Lugo.

b) Número de lotes: 2.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela e Lugo.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de xuño de 2020.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia nomenclatura): 8532000-8 servizos sociais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación: catrocentos dezaseis mil setecentos corenta e seis euros (416.746,00 €), aos que se lle engaden oitenta e sete mil cincocentos dezaseis euros con sesenta e seis céntimos (87.516,66 €), que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cincocentos catro mil douscentos sesenta e dous euros con sesenta e seis céntimos (504.262,66 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen incluír o IVE, do contrato ou lote do que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Servizo de Xestión Económica.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 69/881 99 53 30.

e) Fax: 981 54 46 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as cláusulas 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais seguintes, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante a apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283100

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social