Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2017/1-0).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación eléctrica que se describe a seguir:

Solicitude: autorizacións administrativas previa e de construción, e declaración de utilidade pública, en concreto.

Solicitante: Norvento, S.L.U.

Denominación: LAT 132 kV evacuación PE Neda.

Orzamento de execución por contrata con IVE: 182.162,38 euros.

Finalidade: evacuación da enerxía eléctrica producida no parque eólico Neda.

Concello afectado: A Pastoriza (Lugo).

Características técnicas:

– Liña eléctrica subterránea de simple circuíto, enterrada baixo tubo, en condutor XLPE 76/132 kV 300 mm2 Al e pantalla Cu 95 mm2, cunha tensión nominal de 132 kV e unha capacidade de transporte de 78 MW.

– A liña eléctrica ten unha lonxitude total de 275 metros, con orixe na subestación do PE Neda e final no apoio N2 da LAT 132 kV apoio nº 35 LAT subestación Mondoñedo a subestación Meira-subestación PE Farrapa I, Farrapa II e Neda.

– Contémplanse ademais as seguintes instalacións e actuacións:

a) Conxunto de transición aéreo-subterráneo disposto sobre o apoio N2 da LAT 132 kV apoio nº 35 LAT subestación Mondoñedo a subestación Meira-subestación PE Farrapa I, Farrapa II e Neda.

b) Eliminación do tramo desde o apoio N1 ao apoio N2 e substitución do apoio N2 polo apoio N1 na mencionada liña eléctrica.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Procedemento de avaliación ambiental: o 01.02.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático informou que o proxecto da referida instalación eléctrica non está incluído en ningún dos supostos recollidos no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, polo que non procede a tramitación de avaliación de impacto ambiental.

Proxecto de interese especial: o 21 de decembro de 2017 o Consello da Xunta declarou de interese especial o proxecto desta instalación eléctrica, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria, con carácter de urxencia, e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións e o documento de declaración de utilidade pública (relación de bens e dereitos afectados e planos parcelarios).

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación de bens e dereitos afectados (RBDA) que se consideran de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 15 días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución ou a partir da correspondente notificación individual aos afectados; poderase examinar toda a documentación na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ou no concello da Pastoriza (praza de Galicia, 1, 27287 A Pastoriza).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados pola LAT 132 kV evacuación PE Neda

Propietario

Parcela

Apoios (m2)

Gabia (m2)

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Part.

Ocupación

Metros lineais

Ocupación

Concello

Zona

Pol.

Parc.

1

Masa Común (Concello da Pastoriza)

A Pastoriza

7

4

104

A Corda

Matogueira

1

161,29

101

504