Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2018 pola que se fai pública a declaración de desistencia do procedemento aberto da subministración de equipamento para o taller de soldadura no Centro de Formación Ocupacional de Ferrol (expediente 2017_028_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 55 26, 981 54 55 23 ou 981 54 55 22.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal.

6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante.

7º. Información: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=239859.

8º. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2018.

d) Número de expediente: 2017_028_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento para o taller de soldadura no Centro de Formación Ocupacional de Ferrol, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: a entrega realizarase no Centro de Formación Ocupacional de Ferrol (avenida do Mar, 35-37, 15406 Ferrol).

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula 4.1 do prego de prescricións técnicas (PPT) e na cláusula N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 42000000-6 Maquinaria industrial.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula M da folla de especificacións do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: cento trinta e oito mil dezasete euros e corenta e catro céntimos (138.017,44 €), IVE incluído.

5. Valor estimado do contrato: cento catorce mil sesenta e catro euros (114.064,00 €).

6. Resolución de desistencia:

a) Data da resolución de desistencia: 19 de febreiro de 2018.

b) Causa da desistencia: infracción non emendable nos pregos de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG nº 131)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico de la Consellería de Economía, Emprego e Industria