Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación do outorgamento de concesión administrativa demanial para a instalación e explotación dun quiosco de tempada, con terraza, no parque de Punta Vicaño.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do outorgamento de concesión administrativa demanial para a instalación e explotación dun quiosco de tempada, con terraza, no parque de Punta Vicaño, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do outorgamento de concesión administrativa demanial para a instalación e explotación dun quiosco de tempada, con terraza, no parque de Punta Vicaño.

2. Duración do contrato: a duración da concesión demanial será de dous (2) anos desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, con posibilidade de dúas prórrogas dun (1) ano cada unha. O quiosco, cos aseos e terrazas incluídos, instalarase por un período máximo de seis meses, comprendido desde a Semana Santa de cada ano ata o transcurso de seis meses.

3. Prezo de licitación: sinálase como canon unha cantidade mínima de licitación de 4.500 euros por ano, sen incluír o IVE.

4. Procedemento, tramitación e órgano de contratación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración). O órgano de contratación é a Alcaldía.

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo remata en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 6ª e 7ª do prego respectivos e son:

a) Subxectivos:

i. Memoria descritiva das instalacións: ata un máximo de 80 puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar unha memoria que describa as instalacións que se propoñan, principalmente naquilo que supoña melloras hixiénico-sanitarias, condicións ambientais e estéticas, medidas que favorezan a accesibilidade ás instalacións a persoas con mobilidade reducida, ornamentación exterior prevista.

ii. Memoria da prestación do servizo: ata un máximo de 20 puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar unha memoria da prestación do servizo.

b) Obxectivo:

i. Canon ou prezo: a puntuación máxima que se outorgará por este criterio será de 100 puntos conforme a seguinte distribución: a razón de 10 puntos por cada 10 % de alza sobre 4.500,00 €/ano. No caso de que se ofreza unha fracción de incremento que non alcance o 10 % de alza, a puntuación que se outorgaría por esta fracción sería proporcional con dous decimais.

7. Mesa de contratación: os seus membros e a súa constitución realizarase de acordo co sinalado nas cláusulas 8ª e 9ª do prego respectivo.

8. Clasificación e solvencias: non se exixen ao tratarse dun contrato patrimonial.

9. Garantías: provisoria: non se exixe. Garantía definitiva do 5 % do importe total do prezo total da adxudicación, polas catro anualidades posibles do contrato, sen IVE.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

11. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es no perfil do contratante.

Sanxenxo, 27 de febreiro de 2018

Telmo Martín González
Alcalde