Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO do contrato do servizo de abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (expediente 52/2018).

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno local en sesión celebrada o 22 de febreiro de 2018, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, cun único criterio de adxudicación, o prezo máis baixo, para a adxudicación do contrato de prestación do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (fosas sépticas), suxeito a regulación harmonizada conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información.

1º. Dependencia: Secretaría Xeral.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4º. Teléfono 988 38 10 34.

5º. Telefax 988 38 11 01.

6º. Correo electrónico: info@sancibrao.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata finalizar o prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 52/2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (fosas sépticas).

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

2º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

e) Prazo de execución/entrega: catro (4) anos.

f) Admisión de prórroga: dous (2) anos.

g) Establecemento dun acordo marco: non procede.

h) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

i) CPV: 65111000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: único criterio de adxudicación, prezo máis baixo.

4. Valor estimado do contrato: 5.078.946,72 euros.

5. Orzamento base de licitación.

– Importe neto: 5.078.946,72 euros máis IVE.

6. Garantía exixidas.

Definitiva (%): 255.000,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se for o caso (grupo, subgrupo, categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se for o caso:

– Xustificación da solvencia económico-financeira, mediante a acreditación do volume anual de negocios do licitador, que, referido ao ano de maior volume de negocio dos últimos tres concluídos, deberá ser polo menos unha vez e media o valor estimado medio anual do contrato que se fixa na cantidade de 846.491,12 € (máis IVE). A acreditación levarase a cabo mediante as contas aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil –ou rexistro oficial correspondente– ou, no caso de empresarios individuais, non inscritos no Rexistro Mercantil, mediante os libros inventarios e contas anuais legalizadas polo Rexistro Mercantil, conforme o disposto no artigo 11.4.a) do RGLCAP modificado polo Real decreto 773/2015.

– Acreditación da solvencia técnica ou profesional, mediante a presentación dunha relación dos principais servizos similares realizados nos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para os máis importantes, sendo requisito indispensable que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 % do valor estimado medio anual do contrato que se fixa na cantidade de 846.491,12 € (máis IVE). Todo iso conforme o disposto no artigo 11.4.b) do RGLCAP modificado polo Real decreto 773/2015.

c) Outros requisitos específicos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 52 días naturais contados desde a data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europa.

b) Modalidade de presentación: presencial.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de San Cibrao das Viñas.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4º. Enderezo electrónico: sancibrao.sedelectronica.es

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: casa consistorial.

b) Enderezo: praza da Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

d) Data e hora: o quinto día seguinte hábil a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de publicidade: si, ata 6.000,00 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.2.2018.

San Cibrao das Viñas, 28 de febreiro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde