Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de licitación.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2018, acordou aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, para a adxudicación do servizo de telefonía fixa e móbil, liñas de datos para acceso a internet e creación e mantemento das infraestruturas necesarias para a correcta prestación do servizo.

Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas atópanse á disposición das empresas interesadas no perfil do contratante: www.teo.gal.

Teo, 27 de febreiro de 2018

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde