Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12831

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación do servizo de café-bar do Centro Cultural Municipal de Adina.

Aprobado o prego unificado de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de café-bar do Centro Cultural Municipal de Adina, anúnciase a convocatoria respectiva:

1. Obxecto: a contratación do servizo de café-bar do Centro Cultural Municipal de Adina.

2. Duración do contrato: un (1) ano, con posibilidade de tres (3) prórrogas dun (1) ano cada unha.

3. Prezo/canon de licitación: mínimo de 1.500,00 € anuais, sen IVE.

4. Procedemento e órgano de contratación: aberto. Tramitación: ordinaria. Órgano de contratación: Presidencia do organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

5. Clasificación do contratista: non se exixe.

6. Solvencias: non se exixen, en virtude do disposto no Real decreto 773/2015, no punto 5 do artigo 11, por non superar o valor estimado do contrato os 35.000,00 euros.

7. Garantías: provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do prezo/canon de adxudicación polos catro anos (sen IVE).

8. Mesa de contratación: será constituída de acordo co sinalado no prego unificado de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Criterios de adxudicación: serán os definidos nas cláusulas 7 e 8 dos pregos respectivos e son:

a) Memoria de prestación do servizo: ata un máximo de 50 puntos.

b) Canon: expresarase nunha cantidade que non poderá ser inferior ao canon anual, sen IVE, 1.500,00 €. Puntuarase ata un máximo de 50 puntos. Outorgaranse 5 puntos por cada 300,00 € de incremento sobre o canon anual mínimo.

10. Prazo e lugar de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa esta no BOPPO, no DOG ou no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo, www.sanxenxo.es. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, dirixidas ao órgano de contratación, o presidente do organismo autónomo Terra de Sanxenxo.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través do perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es.

Sanxenxo, 27 de febreiro de 2018

Telmo Martín González
Presidente do organismo autónomo Terra de Sanxenxo