A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión dunha vacante de académico de número na sección de Pintura e Gravado. Para ocupar esta praza será elixida unha persoa residente en Galicia que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.
As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza, deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo currículo, e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.
Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.
A Coruña, 31 de xaneiro de 2018
Manuel Quintana Martelo
Presidente