Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12692

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 684/2015).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 684/2015, seguido por instancia de Enrique Alfredo Porto Arceo, María del Pilar Porto Arceo, María del Pilar Valdenebro Arceo e José Ángel Porto Arceo, contra Julia María Carballo Arceo e herdeiros descoñecidos e incertos de Dolores Alonso Ríos, e ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 17/2018.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez.

Demandantes: Enrique Alfredo Porto Arceo, María del Pilar Porto Arceo, José Ángel Porto Arceo, María del Pilar Valdenebro Arceo.

Procurador: Sr. García-Piccoli Atanes.

Avogada: Sra. Lorenzo Morán.

Demandados: herdeiros descoñecidos e incertos/herdanza xacente de Dolores Alonso Ríos (en rebeldía procesual), Julia María Carballo Arceo (1).

Procurador: Sr. Núñez Blanco (1).

Avogada: Sra. Lorenzo Sueiro (1).

Xuízo ordinario 684/2015, sobre entrega de legado.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018.

Decido estimar substancialmente a demanda interposta por Enrique Alfredo Porto Arceo, María del Pilar Porto Arceo, José Ángel Porto Arceo e María del Pilar Valdenebro Arceo, representados polo Sr. García-Piccoli Atanes, contra Julia María Carballo Arceo, representada polo Sr. Núñez Blanco, e contra herdeiros descoñecidos e incertos/herdanza xacente de Dolores Alonso Ríos, en rebeldía procesual, e condeno os demandados á entrega do legado ordenado no testamento outorgado o 11 de agosto de 1942 por Dolores Alonso Ríos, consistente na casa sinalada co nº 64 actual da rúa de San Pedro desta cidade co seu patio anexo e edificacións comprendidas no patio, con exclusión da horta sita ao sur da casa separada por muro co patio, descrita no fundamento de dereito primeiro desta resolución, nas proporcións nel referidas (a metade a Julia María Carballo Arceo, unha cuarta parte a María Pilar Valdenebro Arceo e unha cuarta parte indivisa a Enrique Alfredo Porto Arceo, María del Pilar Porto Arceo e José Ángel Porto Arceo), outorgando para iso a oportuna escritura pública.

Todo iso sen imposición de custas a unha ou outra parte.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa do depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, debendo xustificarse a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estimar total ou parcialmente, restituirase o de depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

E encontrándose os devanditos demandados, herdeiros descoñecidos e incertos/herdanza xacente de Dololes Alonso Ríos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva notificación en forma a estes.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza