Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12657

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2018 do convenio colectivo da empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2018 do convenio colectivo da empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. (código 82000292011996), que se subscribiu entre a representación empresarial e a representación sindical do convenio colectivo da empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. na xuntanza do 18 de xaneiro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta 1/2018.

Asunto: xuntanza da comisión mixta do convenio.

Data: 18 de xaneiro de 2018.

Lugar: rúa do Vilar, 18, entresollado, Santiago de Compostela.

Relación de asistentes:

Pola Dirección:

José Luis Parada González.

María Martínez Suárez.

Pola parte social:

Jesús Fernández Martínez.

Fernando Romero Casas.

Antonio Álvarez Villaseca.

Orde do día:

1. Táboas salariais 2018.

Iniciase a xuntanza ás 10.30 horas do día do encabezamento, seguindo a orde do día:

1º. Sinatura das táboas salariais.

Publicado o IPC 2017 no 1,1 %, procedese a realizar a revisión das táboas salariais de 2018 de acordo co recollido no artigo 59 do vixente convenio colectivo.

Unha vez analizadas as táboas facilitadas pola empresa, estando as partes de acordo, procédese á súa sinatura.

Sen máis asuntos que tratar, péchase a xuntanza en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 2018.

ANEXO I
Táboa salarial 2018

Ano 2018

Área operaria

Área administrativa

Grupo profesional

Salario base

Salario anual

Hora ordinaria

Salario base

Salario anual

Hora ordinaria

G.P. I

931,97 €

16.589,07 €

9,79 €

973,08 €

17.320,78 €

10,22 €

G.P. 2 - Nivel C

970,67 €

17.277,95 €

10,19 €

1.010,32 €

17.983,74 €

10,61 €

G.P. 2 - Nivel B

1.032,03 €

18.370,11 €

10,84 €

1.058,81 €

18.846,82 €

11,12 €

G.P. 2 - Nivel A

1.092,16 €

19.440,50 €

11,47 €

1.101,92 €

19.614,16 €

11,57 €

G.P. 3 - Nivel B

1.103,67 €

19.645,30 €

11,59 €

1.156,38 €

20.583,60 €

12,14 €

G.P. 3 - Nivel A

1.111,65 €

19.787,28 €

11,67 €

1.211,36 €

21.562,21 €

12,72 €

G.P. 4

 

 

 

1.266,27 €

22.539,56 €

13,30 €

G.P. 5

 

 

 

1.321,17 €

23.516,91 €

13,87 €

G.P. 6

 

 

 

1.486,46 €

26.459,04 €

15,61 €

ANEXO II
Táboa salarial 2018. Conceptos

Artigo 12

Pezas de roupa de traballo administrativos/as

9,40 €

Artigo 31

Días ponte

128,11 €

Artigo 32

Festividade da patroa

128,11 €

Artigo 33

Festa local tradicional

128,11 €

Artigo 46

Noites 24 e 31 de decembro. Mañá e tarde do 25 de decembro e do 1 de xaneiro

128,11 €

Artigo 47

Complemento de garda de presencia

147,91 €

Complemento de garda de localización

108,95 €

Artigo 50

Complemento de transporte

14,19 €

Artigo 51

Xantar ou cea

12,64 €

Aloxamento e almorzo

35,05 €

Quilometraxe

0,33 €

Artigo 53

Complemento de traballos penosos 1

20,91 €

Complemento de traballos penosos 2

13,59 €

Artigo 57

Quebranto de moeda

264,12 €

Artigo 70

Cesta de Nadal

50,00 €