Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación das obras da pista polideportiva cuberta no CEIP de Nantes.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico da obra da pista polideportiva cuberta no CEIP de Nantes, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da execución das obras da pista polideportiva cuberta no CEIP de Nantes.

2. Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación 209.199,80 € o IVE ascende a 43.931,96 € e o orzamento máximo de licitación, co IVE é de 253.131,76 €.

4. Procedemento, tramitación e órgano de contratación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración). O órgano de contratación é a Alcaldía.

5. Clasificación: non se exixe, porén, a acreditación da solvencia pode efectuarse indistintamente mediante a clasificación do empresario, ou acreditando os requisitos de solvencia. As clasificacións para esta contratación son as seguintes: grupo C edificacións, subgrupo 2 estruturas de fábrica ou formigón e categoría 2 contía superior a 1.500.000,00 euros e inferior a 360.000,00 euros; e grupo C edificacións, subgrupo 6 pavimentos, solados e alicatados e categoría 1 contía inferior ou igual a 1.500.000,00 euros.

6. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o volumen anual de negocios, referido ao ano de maior volumen dentro dos tres (3) últimos exercizos, por importe igual ou superior a unha vez e media o valor estimado do contrato, que resulta ser 313.799,70 euros.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante unha relación dos traballos/obras efectuados polo licitador correspondentes ao mesmo tipo ou natureza ao que corresponde o obxecto do contrato (grupo C, subgrupo 2, categoría 2 e grupo C, subgrupo 6, categoría 1), avalados por certificados de boa execución, polo importe anual acumulado no ano de maior execución, no curso dos últimos dez (10) anos, polo mínimo de 150.000,00 €/ano sen IVE.

7. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

8. Mesa de contratación: membros designados por resolución da Alcaldía de data 7 de febreiro de 2018 e será constituída de acordo co sinalado no prego administrativo.

9. Criterios de adxudicación:

a) Incremento da calidade do obxecto do contrato sobre o previsto no proxecto en base ao que executarase a obra. Puntuarase ata un máximo de 40 puntos.

b) Oferta económica: ata un máximo de 60 puntos. Expresarase nunha cantidade que non poderá superar o tipo de licitación que figura na cláusula 2ª do prego administrativo (253.131,76 €, IVE incluído).

10. Publicidade: anuncio no perfil do contratante da páxina web municipal (www.sanxenxo.es), no BOPPO e no DOG.

11. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados.

12. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es-Perfil de contratante.

Sanxenxo, 7 de febreiro de 2018

Telmo Martín González
Alcalde presidente