Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12595

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria para a constitución dunha bolsa de traballo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza a convocatoria para constituír, mediante concurso-oposición, unha bolsa de traballo destinada a cubrir as necesidades de contratación temporal na ocupación de policía portuaria.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, na Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberanse presentar no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros aos cales refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.

Vigo, 9 de febreiro de 2018

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo