Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12596

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO da contratación das obras de restauración das cubertas do templo: nave principal e cruceiro da catedral.

Orzamento de contrata: 2.042.962,43 € (IVE incluído).

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratación ou ben contactando coa Fundación Catedral de Santiago de Compostela (tfno.: 981 56 93 27) logo de acreditación da empresa e o aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de vinte e seis (26) días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela