Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 220, do 16 de novembro de 2017, publicouse o texto íntegro das bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de técnico medio de xestión administrativa, pertencente á escala de Administración xeral, subescala xestión, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de oposición libre, por quenda libre.

– Unha praza de administrativo, pertenencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nestes procesos selectivos será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Meaño.

Meaño, 31 de xaneiro de 2018

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa