Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación do contrato de conservación e mantemento das instalacións de iluminación pública deste concello (expediente Sigem 2018/C004/000002).

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

c.1. Dependencia: Secretaría.

c.2. Domicilio: avenida Emilio González, 1.

c.3. Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños, 15113.

c.4. Teléfonos: 981 72 03 18/981 72 00 01.

c.5. Telefax: 981 72 16 27.

c.6. Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

c.7. Enderezo da internet no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp), plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

c.8. Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de conservación e mantemento das instalacións de iluminación pública do Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Lugar de execución: Concello de Malpica de Bergantiños.

c) Duración do contrato: dous (2) anos.

d) Admisión de prórroga: prorrogable por un (1) ano máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación (prezo).

4. Orzamento de licitación:

a) Orzamento base de licitación: 89.385,46 euros.

b) IVE (21 %): 18.770,95 euros, o que fai un prezo total (IVE engadido) polos dous anos de duración de: 108.156,41 euros.

4.bis. Financiamento: para atender ás obrigas económicas que se derivan para o concello do cumprimento do contrato existe crédito no orzamento con cargo á aplicación 165.213.00.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista: véxase cláusulas 3 e 4 do prego.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP da Coruña, no perfil do contratante ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

– Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas:

Enderezo: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 2.000 euros.

Malpica de Bergantiños, 26 de febreiro de 2018

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde