Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente SAN-CO-0072/2017-MP e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/ 2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 20 de febreiro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0072/2017-MP.

Denunciado: Manuel García Sánchez.

Acto de notificación: proposta.

Expediente: SAN-CO-0090/2017-IA.

Denunciado: Joaquín García Résua.

Acto de notificación: proposta.

Expediente: San-CO-0069/2017-IA.

Denunciado: Manuel Fariña González.

Acto de notificación: proposta.

Expediente: SAN-CO-0052/2017-SG.

Denunciado: Manuel Fariña González.

Acto de notificación: proposta.