Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a corrección de erros da Resolución do 8 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación das obras de reforma integral para a mellora da eficiencia enerxética na Residencia de Maiores Nosa Señora dos Milagres en Barbadás, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores).

Advertido erro na resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro de 2018, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 11.804, onde di: «Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138386», debe dicir: «Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283101».

Na páxina 11805, onde di: «d) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138386», debe dicir: «d) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283101».

A publicación desta corrección de erros modifica o prazo de presentación de ofertas, establecido no punto 8 do anuncio de licitación, o cal empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social