Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente Feader 2015/51.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á Coporcel, S.L., por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo director xeral.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións, situadas na rúa do Camiño Francés, 8-10 semisoto, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: Feader 2015/51.

Interesada: Coporcel, S.L.

Acto de notificación: requirimento previo ao pagamento.