De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-745/2017-V e un máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
A Coruña, 19 de febreiro de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
Interesado |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Domicilio |
PSC-CO-745/2017-V |
Carlos David Borja Jiménez |
47385130R |
Proposta |
O Portiño, 27 baixo, A Coruña |
PSC-CO-1316/2017-PPM |
Rubén Lema Patiño |
53488786D |
Proposta |
Corrubedo, Ribeira |