Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Limia Xestión, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas (Decreto 430/2001, do 18 de decembro), faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais, que queda redactado como segue:

«Artigo 4. Actividade económica

As actividades económicas que, para o cumprimento do seu obxecto social, desenvolverá a cooperativa serán:

A xestión de empresas en materia contable, laboral, fiscal e mercantil, e tamén a realización de actividades no ámbito da xestión administrativa e a consultoría de empresa (CNAE 69.20). A realización de actividades de corredoría de seguros con sometemento á lexislación específica de mediación en seguros privados (CNAE 66.22). A administración de leiras (CNAE 68.32). A formación e capacitación profesional de desempregados, traballadores en activo, autónomos e socios e administradores de sociedades mercantís (CNAE 85.59 e 85.60). A promoción de negocios en réxime de franquía (CNAE 70.22).

A extracción, preparación, transformación, compravenda de agregados, areas e gravas, xa sexa en areeiras propias, arrendadas ou de calquera outra forma (CNAE 08.12 e 08.11). A solicitude e explotación de dereitos mineiros, permisos de investigación de recursos mineiros, das seccións A), B) e C) (CNAE 74.90 e 09.90). A compravenda, aluguer de dereitos mineiros, tanto de rochas ornamentais, lousas, como de agregados (CNAE 46.12). A comercialización e intermediación, polo miúdo e por xunto, de todo tipo de materiais naturais relacionados directa ou indirectamente coa construción (CNAE 46.73). Quedan excluídas todas aquelas actividades para cuxo exercicio a lei exixa requisitos especiais que non queden cumpridos por esta sociedade. Se as disposicións legais exixisen para o exercicio dalgunhas das actividades comprendidas no obxecto social algún título profesional ou autorización administrativa, ou inscrición en rexistros públicos, as ditas actividades deberán realizarse por medio de persoa que teña a dita titulación profesional e, se é o caso, non poderán iniciarse antes de que se cumpran os requisitos administrativos exixidos».

Ourense, 7 de febreiro de 2018

Santiago Alvarez González
Xefe territorial de Ourense