Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 2017/133-1).

Expediente: IN407A 2017/133-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT estrada DP, 3402 Lugar de Salgueiros.

Concello: Dumbría.

Características técnicas:

LMTA a 20 kV, de 864 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 49 existente tipo HV-11/400, situado no tramo da LMTA POT-806 entre a derivada ao CT Mintiráns (expediente 148/00-15XNR5) e a derivada ao CT Caberta (expediente 085/02-15XSX9), e final no apoio nº 55 existente do tipo HV-12/550, situado entre a derivada ao CT Caberta e a derivada ao CT Salgueiros (expediente 51.422-15XA34). Instalación de novo apoio nº 54 tipo celosía C-14/1000 e retirada do existente tipo HV-11/400.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de febreiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña