Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 623/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 623/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Colaboradora con la S.S. número 201 contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e O Forno de Puntal, S.C., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social número 623/2015.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Sr. Prado Fonte.

Demandados: INSS e TXSS (letrada Sra. Suárez Herva), O Forno de Puntal, S.C.

«Sentenza número 61/2018.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018.

Resolución.

Desestimo a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e, en consecuencia, absolvo a empresa demandada, así como o INSS e a TXSS de todos os pedimentos dirixidos fronte a eles.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Forno de Puntal, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza