Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 8/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Pérez Cerviño contra a empresa Micar Estrada de Construcciones, S.L., sobre despedimento, ditouse dilixencia de ordenación, auto despachando execución e decreto do 1 de febreiro de 2018 impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Micar Estrada de Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 1 de febreiro de 2018
O letrado da Administración de xustiza