Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12129

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 118/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 118/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José López Piay contra a empresa Panadería La Seca, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto o 2 de febreiro de 2018 impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería La Seca, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza