Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11934

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 262/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 262/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gerardo Casal Amarelle contra Lineanorte Multiservicios, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Gerardo Casal Amarelle, representada e asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves contra a entidade Lineanorte Multiservicios, S.L. e Fogasa que non comparece malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 2.204,38 euros, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET percibidos sobre a cantidade de 1.394,05 euros (polos conceptos salariais) e os xuros do artigo 1.108 do CC sobre a cantidade de 810,33 euros (polos conceptos extrasalariais).

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza