Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a corrección de erro no prego de cláusulas administrativas particulares do expediente para a contratación do proxecto de adecuación interior e mellora na eficiencia enerxética no Pavillón multiusos da Xunqueira, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de crecemento sustentable 2014-2020.

missing image file

Na Xunta de Goberno celebrada o 13 de febreiro de 2018 aprobouse o seguinte:

Primero. Aprobar as seguintes correcións de erros no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación da adecuación interior e mellora da eficiencia enerxética no pavillón multiusos da Xunqueira.

• Na documentación para a apreciación dos criterios sometidos a xuízo de valor, pídese que se presente «1. Plan de obra e protocolo ambiental e de seguridade, coas características sinaladas no criterio A.1, no cal deberá detallarse en partes claramente recoñecibles e axustadas aos subcriterios A.1.1, A.1.2, A.1.3 e A.1.4 as medidas que se inclúen nel, por riba da que legalmente corresponderían», cando non se debe solicitar este plan, que non é obxecto de valoración segundo os criterios que previamente establece ese punto de «Criterios cuantificables por xuício de valor». Polo tanto, a correción consiste na eliminación do dito punto 1.

• No punto 4 da documentación que hai que presentar, tamén para a apreciación dos criterios cuantificables por xuízo de valor, aparece unha remisión ao subcriterio A.2.2, cando debería ser ao A.1.2. Neste caso, a redacción resultante deste punto 4 e a seguinte: «4. O plan de mantemento preventivo ofertado, coas características sinaladas no subcriterio A.1.2, no cal deberán detallarse en partes claramente recoñecibles as medidas que se inclúan nel, por riba da que legalmente correspondería».

Segundo. Proceder á publicación dos correspondentes anuncios relativos a estas correccións nos boletíns oficiais indicados no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación e na Plataforma de contratación do sector público, computándose o prazo para a presentación de ofertas desde a publicación do último destes anuncios.

Por isto, en cumprimento e de conformidade co mencionado acordo, procédese á publicación dos anuncios correspondentes no BOP e no DOG que figura xa publicado na Plataforma de contratación do sector público.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda