Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11850

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de apertura de convocatoria de participación no programa Plan Internacional de Promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea, para pemes.

missing image file

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan Internacional de Promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Visita á Feira Seafood Expo Global (Bruxelas, Bélxica, do 22 ao 28 de abril de 2018). Sector: produtos do mar, maquinaria para o seu procesamento e produtos e servizos relacionados.

2. Visita á Feira Coverings (Atlanta, Estados Unidos, do 6 ao 13 de maio de 2018). Sector: pedra e produtos e servizos relacionados.

3. Visita á Feira Ifat (Múnic, Alemaña, do 12 ao 20 de maio de 2018). Sector: tecnoloxía ambiental e produtos e servizos relacionados.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será:

1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 20.

2. Visita á Feira Coverings: 13.

3. Visita á Feira Ifat: 11.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria está á disposición das empresas na sede da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través da web www.camarapvv.es

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución das actuacións mencionadas máis abaixo no marco desta convocatoria para o período 2014-2020 é de:

1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 18.300 €.

2. Visita á Feira Coverings: 24.920 €.

3. Visita á Feira Ifat: 14.520 €.

Dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020.

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, serán de:

1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 5.100 €.

2. Visita á Feira Coverings: 4.900 €.

3. Visita á Feira Ifat: 5.640 €.

Cofinanciados nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder e nunha porcentaxe do 20 % pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria ás empresas participantes nas seguintes actuacións é:

1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 13.200 €.

2. Visita á Feira Coverings: 20.020 €.

3. Visita á Feira Ifat: 8.880 €.

En concepto de subvencións, as axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao de publicación desta convocatoria e finalizará o día 5 de abril de 2018 para a visita á feira Seafood Exo Global, o día 12 de abril para a visita á feira Coverings, e o día 19 de abril para a visita á feira Ifat.

O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web www.camarapvv.es

Vigo, 1 de febreiro de 2018

José García Costas
Presidente