Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos do Sindicato de Empregadas e Empregados Públicos da Xunta de Galicia (SEPXG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 7 de febreiro de 2018 os estatutos do Sindicato de Empregadas e Empregados Públicos da Xunta de Galicia (SEPXG) de acordo ao seguinte:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán ser membros todas as empregadas e empregados da Administración xeral da Xunta de Galicia en activo ou das listas de contratación ao abeiro do Decreto 37/2006, ou o decreto que o substitúa, así como todas/os as/os traballadoras/es que por causa de xubilación ou incapacidade deixen de depender da Xunta de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Ángeles Iglesias Bellón, Eduardo Suárez Pérez, María José Pérez Pérez, Ana María Fariña Louzao, Constatina Penedo González, José Manuel Brea Costoya, Lino López Fernández, Lida Vilches Monago, José Daniel Baqueiro Valladares, Juan Manuel Álvarez Castro, Juan Búa Sayáns, Fernán Couto Araújo, José Francisco Núñez Rodríguez, Rosario Veiga Pérez.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego