Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Asociación Galega de Innovadores en Tics (TicyTics).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación de estatutos da Asociación Galega de Innovadores en Tics (TicyTics) acordada pola Xunta Xeral extraordinaria do 27 de decembro de 2017 na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu novo domicilio social é na rúa Real, 1-1º, no concello da Coruña.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego