Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2017/56-2, 8528 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMTS, CT e RBTS Valga.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 120 m con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RHZ1 240 e final no apoio P-46 existente da LMT Ribadeo 1.

2. Centro de transformación en edificio prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión subterránea, con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RV 240, con 4 circuítos (3 enlazan coas redes de baixa tensión existentes e outro CGP AV.08-400A) e final en diferentes clientes.

4. Desmóntanse 120 m de condutor existente entre a arqueta nº 1 e o apoio P-46 (4BF03717), dos cales 10 m se desprazan enlazando co centro de transformación proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 23 de xaneiro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo