Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración relativo ao proxecto de ampliación da unidade de explotación da concesión de recursos da sección C) Faro número 2382 (PO/C/02382), situada no concello de Salceda de Caselas.

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e co artigo 6, punto 3, do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración relativo ao proxecto de ampliación da unidade de explotación da concesión de recursos da sección C) Faro nº 2382 (PO/C/02382), situada no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra), e solicitado por Lemos Romero, S.L.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 1 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra