Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT centro de repartición (CR) Rairo-centro de seccionamento (CS).
Situación: Ourense.
Características técnicas:
– LMT subterránea a 20 kV de 30 m e condutor RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240 mm2 AL) con orixe na cela de liña do CT Rairo (32C671) e remate na LMTS existente ao CS Residencia II.
– LMT subterránea a 20 kV de 175 m e condutor RHZ1-2OL 12/20 (1×240 mm2 AL), e con orixe na LMT existente ao CS Residencia II e remate na cela de liña do CS Residencia II (32CCX).
Orzamento: 12.248,89 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Ourense, 1 de febreiro de 2018
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense