Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 9 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente de caducidade da autorización de aproveitamento Aguiar, número 274, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á Sociedade Palomín, S.L., con último enderezo coñecido na rúa Corredoira, nº 7, A Bullosa, 32632 Baltar (Ourense), como titular, o acordo de inicio de expediente de caducidade da autorización de aproveitamento Aguiar, nº 274, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 (art. 83.4), e do Regulamento xeral para o Réxime da minaría do 25 de agosto de 1978 (art. 106.d).

A interesada dispón dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que considere oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015.

No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación do expediente de caducidade proseguirá a súa tramitación.

O titular, á marxe do expediente de caducidade que se propón, queda obrigado ao exposto no artigo 88 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e no artigo 167 do Real decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral de normas básicas de seguranza mineira (BOE núm. 140, do 12 de xuño de 1985).

Ourense, 9 de febreiro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense