De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 31 de xaneiro de 2018
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Acto obxecto de notificación: resolución de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
63617 |
Rosalía Díaz |
...622D |
81795 |
Tomás Romero Jiménez |
...729M |
81870 |
Imee Villaromán Eduria |
...747J |