Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2018, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento de bono de alugueiro social (expediente 32-BONAL-0013/2016 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de fin de procedemento de bono de alugueiro social do Plan RehaVIta por desistencia (Orde do 7 de agosto de 2015, modificada pola Orde do 23 de decembro de 2015 e a Orde do 13 de maio).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 31 de xaneiro de 2018

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de fin de procedemento de bono de alugueiro social do Plan RehaVIta por desistencia (Orde do 7 de agosto de 2015, modificada pola Orde do 23 de decembro e a Orde do 13 de maio de 2016).

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

32-BONAL-0013/2016

Santiago García Calvo

...471T

32-BONAL-0034/2016

María Belén López Fernández

...077A

32-BONAL-0018/2017

María Jesús Nóvoa Arias

...700Y