Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2018, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento de adxudicación de vivenda de promoción pública (expediente OU2006010 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia da resolución de adxudicación de vivenda de promoción pública (Decreto 253/2007, do 13 de decembro).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 31 de xaneiro de 2018

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de adxudicación de vivenda de promoción pública (Decreto 253/2007, do 13 de decembro).

Expediente

Conta

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

OU2006010

30

Nicanor Gallego Cid

...861H

OU2006707

20

Alberto Sanabria Pérez

...051C