Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (35/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 35/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Mato contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 540/17 de data 5.12.2017 ditada no procedemento ordinario 726/15 a favor da parte executante, Manuel López Mato, fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa, parte executada por importe de 2.332,06 euros en concepto de principal (1.655,75 euros en concepto de diferenzas salariais, 476,31 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 233,20 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, acórdao e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017.

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Falcón Contratas y Seguridad, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Manuel López Mato e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza