Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia o procedemento aberto, con tramitación ordinaria, para contratar o servizo de xestión e explotación da cafetaría do centro sociocomunitario da Coruña (expediente 69/2017).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

3º. Teléfono: 981 18 57 10.

4º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

5º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=259293

6º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 69/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión e explotación da cafetaría do centro sociocomunitario da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: centro sociocomunitario da Coruña.

e) Prazo de execución: 4 anos desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: o contrato poderá ser obxecto dunha prórroga de dous anos por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

g) CPV: 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificado.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon de licitación.

Canon mínimo: mil douscentos euros (1.200,00 €) anuais.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe total do canon para os catro anos de vixencia do contrato.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os puntos F e G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña.

2º. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: a hora e data serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=259293

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, véxase o punto P da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: véxanse os pregos (http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=259293).

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña