Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de limpeza de residencias de maiores dependentes desta xefatura territorial (expediente 49/2017).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 49/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=219209

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza da cociña, determinadas zonas comúns (almacéns, garaxes...) e cristais en residencias de maiores dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 222, do 22 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria suxeita a regulación harmonizada e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 950.413,22 euros. IVE (21 %): 199.586,78 euros. Importe total: 1.150.000,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 15 de xaneiro de 2018.

b) Contratista: Limpiezas Compostela, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 933.600,00 euros. IVE (21 %) : 196.056,00 euros. Importe total: 1.129.656,00 euros.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña