Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o emprazamento ás persoas interesadas, para seren notificadas por comparecencia na resolución do expediente de clasificación do monte denominado Cabaleiro, solicitado a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes, no concello de Redondela.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, rúa Fernández Ladreda, 43, 2º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: Monte Cabaleiro.

Persoas interesadas: Isidoro Andrade Cimadevila e María Teresa Caride Alonso.

Acto notificado: resolución do expediente de clasificación do monte Cabaleiro, solicitado polos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes (Redondela-Pontevedra).