Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10958

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (165/2016).

V91 remoción do titor 165/2016.

Procedemento orixe: xeneral 13/2016.

Sobre tutela.

Eu, Lucía García González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Porriño, fago saber que no procedemento de remoción do titor, seguido por instancia do Ministerio Fiscal contra Filipa Nieves Crespo Pernas, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é:

«Decreto a remoción de Filipa Nieves Crespo Pernas do cargo de titora de Débora Crespo Pernas, que cesará no exercicio do cargo. Requírase a titora cesada para que no prazo de tres meses presente conta xeral da súa xestión.

Designo como titora de Débora Crespo Pernas a Funga que, logo de aceptación e xuramento desta, deberá exercer as funcións inherentes ao seu cargo e cumprir coas obrigas reguladas no Código civil e, en especial, a de inventario e rendición anual das contas da tutela.

Requírase a titora removida, Filipa Nieves Crespo Pernas, para que faga entrega dos bens da tutelada que estean no seu poder á nova titora unha vez aceptado o cargo, baixo inventario. Inscríbase esta resolución no rexistro civil correspondente, ao que se remitirá o oportuno testemuño.

E firme que sexa esta resolución, cítese tamén a nomeada titora Funga para que compareza neste xulgado co obxecto de aceptar o cargo e xurar ou prometer desempeñar ben e fielmente, sendo informado nese acto de cales son as súas obrigas como titora. Verificado o anterior, líbrese testemuño desta resolución ao rexistro civil correspondente ao domicilio da tutelada co fin de proceder tamén á inscrición do cargo tutelar.

Así o acorda, manda e asina, Sofía Gil García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño».

E para que sirva de notificación en legal forma a Filipa Nieves Crespo Pernas, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 15 de xaneiro de 2018