Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10956

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada

EDICTO (391/2017).

Procedemento: S1C Sección I declaración concurso 391/2017

Debedor: Miguel Ángel Ramos Varela

Procuradora: Pamela Cousillas Fernández

Administrador concursal: Manuel Gandoy Rodríguez

Providencia

Xuíza/maxistrada xuíza: Montserrat Blanco Piñeiro.

En Chantada o vinte e catro de xaneiro de dous mil dezaoito.

Presentado o anterior escrito pola administración concursal xunto co informe, de conformidade co disposto no artigo 74 da LC, acordo:

1. Unir ao presente procedemento concursal o informe da administración concursal, e os seus documentos, co inventario de bens e dereitos.

2. Comunicar a presentación do informe ás partes comparecidas, facéndolles saber que poden examinar o informe e os documentos complementarios na oficina xudicial.

3. Anunciar a presentación do informe por medio de edictos que se fixarán no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial e vista a lista de acredores no Diario Oficial de Galicia.

4. Nos edictos fágase saber aos interesados que no prazo de dez días, computado desde a última publicación, poderán impugnar tanto o inventario de bens e dereitos coma a lista de acredores naquilo que consideren que lles é prexudicial.

5. Para os demais interesados o prazo de dez días computarase desde a publicación do contido desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Dos escritos de impugnación deberase dar traslado ás demais partes comparecidas ao abeiro do que establece o artigo 2765 e seguintes da LAC.

Modo de impugnación: recurso de reposición no prazo de cinco días ante este tribunal, sen efectos suspensivos.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 25 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente dalgún dos anteriores.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander, na conta deste expediente 2286 0000 00 0391 17, sinalando no campo concepto a indicación «recurso» seguida do código «00 civil-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «00 civil-reposición».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza