Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación do servizo de evolución funcional do Punto xeral de entrada de facturas, Sistema electrónico de facturación e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: CXT-2017-0051.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: evolución funcional do Punto xeral de entradas de facturas, Sistema Electrónico de facturación (SEF) e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Requisitos mínimos de solvencia:

a) Solvencia económica e financeira.

Medio: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 147.750,00 € de volume de negocios. No caso de empresas cuxo período de actividade non abrangue os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior, en todo caso, á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estiver inscrito no dito rexistro, e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante o seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica ou profesional.

Medio: relación dos principais servizos ou traballos similares ao obxecto da presente contratación realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, sexa público ou privado.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de traballos similares ao obxecto da presente contratación, cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior á anualidade media do contrato, IVE non incluído.

Considerarase solvente o licitador que acredite a realización de traballos por un importe de 98.500,00 €, IVE non incluído.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse da seguinte forma:

– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.

– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.

c) Concreción dos criterios de solvencia.

Medio: nomes e cualificación profesional do persoal responsable de executar a prestación.

O equipo mínimo que deberán asignar ao proxecto consistirá en:

– Un (1) xefe de proxecto.

– Tres (3) técnicos.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite que cada un dos compoñentes do equipo mínimo proposto para a execución do contrato participou, polo menos, nun proxecto de similares características técnicas e funcionais ás definidas no prego de prescricións técnicas, isto é, en puntos xerais de entrada de facturas, sistemas electrónicos de facturación, rexistros contables de facturas ou similares, durante polo menos seis (6) meses nos últimos cinco (5) anos.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Valor estimado do contrato:

Importe: 197.000,00 euros.

6. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 197.000,00 euros. Importe total: 238.370,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2018: 93.000,00 €.

Exercicio 2019: 116.000,00 €.

Exercicio 2020: 29.370,00 €.

7. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (de ser o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex.

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Descrición: a data e a hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil de contratante e comunicaránselles aos licitadores.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 11,04 € por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable